venres, 20 de xaneiro de 2017

O MEU ALMANAQUE
Xa que coñecemos os meses do ano e refráns para cada un deles...Por que non facemos o noso propio almanaque?
Días da semana, meses, refráns.. todo relacionado no noso calendario!!
Cada neno deberá cubrir os nomes dos meses e colocar os días de cada un deles empezando no cadro que lle corresponda. Para iso contan co calendario do ano en pequeno que poderán colocar na última páxina do seu libriño.
Está deseñado para facelo coa metade do folio, co cal precisaremos tres folios e medio para poñer todos os meses.
Dende AQUÍ, poderedes descargar o arquivo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario