" Que veña o vento fungón, que lle quero preguntar, a cor dos ollos das nubes, a cor dos ollos do mar.
Eu coido que son azuis, verdes, grises, de cristal. Mais calquera cor que teñan, será sempre a cor da PAZ"
(Antonio García Teijeiro)
os nenos de aquí,
e os nenos de alá.
Os nenos do mundo,
todos a cantar,
todos a unha mesma voz,
collidos da man.
Cantarola nosa,
de amor e de PAZ.
Leda cantarola,
ledo rebuldar.
Rolda de sorrisos
dende mar a mar,
corazóns abertos,
ollos de amigar.
Amiguiños todos,
amiguiños xa,
os nenos de aquí
e os nenos de alá"
(Xosé Neira Vilas)
Aquí vos deixo algunhas ideas para traballar o día da Paz dende a aula, que poderedes descargar picando en cada
Ningún comentario:
Publicar un comentario