xoves, 23 de febreiro de 2017


"Cantéi como mal sabía
dándolle reviravoltas,
cal fan aqués que non saben
direitamente unha cousa"
                       ( Cantares Gallegos)

martes, 21 de febreiro de 2017

FICHA CON DÚAS VARIANTES
A primeira parte da ficha é a que cambia: nunha, os rapaces só terán que comprobar a través do debuxo se as oracións  que aparecen escritas son verdadeiras ou falsas, mentres que na outra, serán eles mesmos os que escriban o que se lles ocorra a partires da imaxe.
Na segunda parte, nos dous casos terán que buscar os erros de concordancia e correxilos.
Pica no nome para descargalas:
FICHA 1
FICHA 2
DÍA DE ROSALÍA
Aquí vos deixo algunhas actividades para celebrar o día de Rosalía que xa está a chegar.
Un marcapáxinas, a caricatura en formato cadro para que os rapaces se atrevan a imitala, e como non, unha ficha con datos da súa biografía, algunha que outra preguntiña, e  un anaco dun poema de Cantares Gallegos, que incluso podemos cantar na nosa aula.
Picando en cada un dos nomes, poderedes descargar as fichas.
FICHA DÍA DE ROSALÍA
CARICATURA DE ROSALÍA
MARCAPÁXINAS DE ROSALÍA

xoves, 16 de febreiro de 2017

COMPRENSIÓN E MÁIS...
Dez fichas para traballar a comprensión lectora, ademáis doutras actividades curtas e entretidas que nos poden ser útiles para traballar tanto individualmente coma en pequeno grupo. Lapis ao medio?😃 Descarga AQUÍ.


OS VERMES DE SEDA
Lemos moi atentamente para atopar a información que nos piden do texto, ao tempo que coñecemos novo vocabulario. Pica AQUI para descargar o documento.

martes, 14 de febreiro de 2017

DESCRIBE A IMAXE
Pintamos aos debuxos e logo, describimos aos nenos seguindo as preguntas formuladas. Unha ficha para ir achegándonos ás descrición de persoas dun xeito moi sinxelo.
Pica AQUÍ para poder descargar o recurso.

xoves, 9 de febreiro de 2017

MÁIS ADIVIÑAS...
Outras poucas adiviñas para completar as publicadas nas primeiras entradas do blog. Podedes descargalas dende AQUÍ.

xoves, 2 de febreiro de 2017

A CANCIÓN DO PAXARO
Outra ficha para traballar a comprensión a partires dun texto. Terán que ler moi ben para responder axeitadamente ás preguntas e logo recordar todo para facer o debuxo de todo o que alí se fala.
Imos traballando vocabulario tamén, buscando que sexan os alumnos os que expliquen as cousas coas súas propias palabras.
Dende AQUÍ, poderedes descargar o recurso.