FÍXATE NO DEBUXO E CONTESTA
Un xeito de coñecer e empregar novo vocabulario ao mesmo tempo que escribimos sen ter un texto polo que sacar ideas. A primeira parte é un pouco guiada, para que logo xa vaian inventando e redactando as súas propias oracións.
Picando AQUÍ, poderás descargar o arquivo.
venres, 20 de xaneiro de 2017
O MEU ALMANAQUE
Xa que coñecemos os meses do ano e refráns para cada un deles...Por que non facemos o noso propio almanaque?
Días da semana, meses, refráns.. todo relacionado no noso calendario!!
Cada neno deberá cubrir os nomes dos meses e colocar os días de cada un deles empezando no cadro que lle corresponda. Para iso contan co calendario do ano en pequeno que poderán colocar na última páxina do seu libriño.
Está deseñado para facelo coa metade do folio, co cal precisaremos tres folios e medio para poñer todos os meses.
Dende AQUÍ, poderedes descargar o arquivo.

REFRÁNS DE ESTACIÓN
Que tal se coñecemos refráns relacionados con cada un dos meses do ano?
Propoño a seguinte actividade para achegar aos nosos alumnos ao mundo do refraneiro popular.
Reparte un refrán a cada neno para que cubran a ficha apuntando o que lle tocou, e logo que a rematen nas súas casas xunto coa súa familia (ou veciños do pobo) buscando información sobre ese refrán e coñecendo algún máis.
Á volta poderemos poñela en común e aprender todos un chisco máis!!
Picando enriba do nome dos materiais, poderás descargalos.
TARXETAS REFRÁNS
FICHA REFRÁNS

luns, 9 de xaneiro de 2017
" Que veña o vento fungón, que lle quero preguntar, a cor dos ollos das nubes, a cor dos ollos do mar.
Eu coido que son azuis, verdes, grises, de cristal. Mais calquera cor que teñan, será sempre a cor da PAZ"
(Antonio García Teijeiro)
os nenos de aquí,
e os nenos de alá.
Os nenos do mundo,
todos a cantar,
todos a unha mesma voz,
collidos da man.
Cantarola nosa,
de amor e de PAZ.
Leda cantarola,
ledo rebuldar.
Rolda de sorrisos
dende mar a mar,
corazóns abertos,
ollos de amigar.
Amiguiños todos,
amiguiños xa,
os nenos de aquí
e os nenos de alá"
(Xosé Neira Vilas)
Aquí vos deixo algunhas ideas para traballar o día da Paz dende a aula, que poderedes descargar picando en cada
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)