venres, 31 de marzo de 2017

AS ANDURIÑAS
Unha ficha de lectura e actividades de comprensión relacionada coas anduriñas. A parte de ser unha palabra galega moi bonita (ao meu parecer), trae da man a chegada da primavera. Un paxariño pequeniño e rebuldeiro que, case sen querer faise notar ben.
Dende AQUÍ, poderás descargar o arquivo.

venres, 24 de marzo de 2017

CLASIFICA NOMES II
Un vai facendo cousas, e os acordos van xurdindo a medida que se fai.. Asique engado aquí nesta entrada un complemento para o xogo de clasificar nomes. Non só clasificamos segundo sexan nomes de persoas, animais, plantas ou lugares, senón tamén cousas!! Faltaba esa categoría que fixera alusión aos obxectos para que o noso xogo abarcara máis.
Picando no nome, poderás descargar o arquivo:
CLASIFICA NOMES II

venres, 17 de marzo de 2017

PRACTICAMOS CO NOME
Le, busca os nomes e clasifícaos segundo sexan de persoas, animais ou lugares.
Debes estar moi atento, pois non só aparecen nomes propios, senón comúns tamén!! Logo, identifica os nomes de cada frase e cámbiaos por outro que ti queiras.
Preme AQUÍ, para descargar.
XOGANDO COS NOMES
Practicamos con nomes propios e comúns e clasificamos segundo sexan de animais, persoas, lugares e tamén plantas!!
Ampliamos vocabulario, ao tempo que practicamos e interiorizamos o concepto de nome.
Dende AQUÍ poderás descargar o documento e... a xogar!!
PRACTICAMOS ANTÓNIMOS
Seguindo a mesma estructura ca ficha da anterior entrada, desta volta poñemos en práctica os nosos coñecementos e manexo das palabras con significado contrario.
Picando no nome, poderás descargala.
FICHA ANTÓNIMOS
PRACTICAMOS SINÓNIMOS

 Aquí vos deixo unha ficha para practicar os sinónimos, que xa traballaron primeiro emparellando de xeito manipulativo.
Pica no nome e poderás descargala.
FICHA SINÓNIMOS

martes, 14 de marzo de 2017

ANTÓNIMOS
E non nos esquezamos dos contrarios!!
Máis palabriñas ás que darlle uso no noso día a día.
Un xogo que complementa o anterior, para as nosas aulas.
Preme na palabra para poder descargalo:
ANTÓNIMOS
SINÓNIMOS
Xogando aprendemos sinónimos para logo poder empregar nas nosas estupendas redacións.
Un xeito rápido, lúdico e divertido de introducir novas palabras, que se presta a facer en grupo.
Dende AQUÍ, se pode descargar o recurso.

xoves, 9 de marzo de 2017

ASOCIA A FRASE COA IMAXE
Le atentamente e coloca na cartolina a frase coa imaxe que lle corresponde. Un xogo para facer individualmente ou por parellas, para practicar a lectura dun xeito máis lúdico.
Dende AQUÍ, poderedes descargar o arquivo.

mércores, 8 de marzo de 2017

O ROMANCE DA BELA ROSA

Unha vez houbo unha flor
que só ulía certa xente
no xardín dun gran demente
con máis poder que razón.

A rosa leda medrou
medrou soa e sen axuda
era forte coma ruda
contra o frío e o calor.

Saiu o sol e corou
o seu vermello impoñente
tanto que ao amo e a outras xentes
molestou o seu primor.

No canto de con amor
ollábana con vaidade
e ante a fermosa humildade
respostaron con temor.

Moitas flores do redor
de xardíns de alleas terras
aplaudiron moi contentas
cando o amo a recortou.

A planta quedou sen flor
pero aínda resistía
porque a raíz se nutría
da terra que a enxendrou.

A terra considerou
que o seu froito era inocente
que fora nobre e valente
e dela se preocupou.

A auga axiña chegou
e o resto de compañeiras
acudíronlle lixeiras
e calmaron a súa dor.

Certo día aquel señor
foi abalar á maceira
e reparou una roseira
que cortara con rancor.

Mil rosas con esplendor
recendían maxestuosas
cunhas espiñas máis grosas
que as tesouras do señor.

Comprendiu o home entón
o seu crime despiadado
caiu ao chan apenado
e pola rosa chorou.

Aquela primeria flor
só no recordo latexa
pero se a raíz é rexa
a planta non morre, non.

                                 SES
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

martes, 7 de marzo de 2017

CONTINÚA AS HISTORIAS


Trátase de pequenos textos de temática variada que pretenden espertar a imaxinación nos rapaces, pois serán eles quenes teñan que continualos.
Achego os arquivos en dous formatos diferentes: modo tarxeta recortable (co cal terían que copialo na libreta), ou modo ficha convencional, na que inclúo un recadro onde poden ademáis facer un debuxo da súa historia.






Para descargar os recursos, pica sobre cada un dos nomes:
CONTINÚA AS HISTORIAS TARXETAS
CONTINÚA AS HISTORIAS FICHAS

luns, 6 de marzo de 2017

A RECEITA
Que tal se escribimos as nosas propias receitas de cociña?
Practicamos algún vocabulario relacionado co tema, facemos unha receita seguindo o modelo, e logo pasamos a redactar a nosa propia!!
Picando no nome poderás descargar cada unha das fichas.
VOCABULARIO RECEITAS
MODELO RECEITA
ESCRIBO A MIÑA RECEITA

venres, 3 de marzo de 2017

ESCRIBIMOS SOBRE O ENTROIDO
Pasou o día, e pasou a romaría.... pero sempre podemos escribir como nos foi nela!!
Vocabulario ralacionado coa festa do entroido, e espazo para describir como a vivimos e debuxala tamén!!
Dende AQUÍ, podedes descargar o arquivo.

xoves, 2 de marzo de 2017

O PUNTO E A MAIÚSCULA
Construimos frases a partires das imaxes, recordamos, completamos a norma ortográfica de uso e emprego do punto e a maiúscula e por último corriximos os erros tendo en conta o ata agora practicado!!
Preme AQUÍ para descargar o documento.