venres, 15 de decembro de 2017


  A

      ESPIRAL

           DA
         
                VIDA...

"O meu gato é un poeta"
              Fran Alonso
O XEADO DE CHOCOLATE
Unha ficha de comprensión lectora con actividades diversas, na que tamén facemos un repaso do uso e emprego da maiúscula.
DITADOS CON IMAXES 5
A última entrega de ditados con imaxes, para completar a actividade que hai un tempo que comezamos.

mércores, 13 de decembro de 2017

O RELOXO
Un pequeno texto sobre reloxos con actividades diferentes para traballar a escritura, e inclusive as horas en punto e tamén e media!

venres, 1 de decembro de 2017

DITADOS CON IMAXES 4
Velaquí outro mangado de palabras para facer ler e escribir aos nosos rapaces!
DITADOS CON IMAXES 4

xoves, 30 de novembro de 2017

DITADOS CON IMAXES 3
Outra entrega máis para facer autoditados na aula dun xeito máis autónomo e divertido.

mércores, 29 de novembro de 2017

ZA, ZO, ZU... CE, CI

Porque...aínda repetíndoo ata "o infinito e máis aló".. sempre se resisten a fixarse en cal poñer en cada momento..
ZA, ZO, ZU... CE, CI

venres, 24 de novembro de 2017

POR TODAS AQUELAS QUE PERDERON A SÚA VOZ...
LOITA
REIVINDICA
RECORDA
SINTE
VIVE
CAMIÑA
DESCOBRE...

martes, 21 de novembro de 2017

O COIDADO DA AUGA
Un pequeno texto sobre a importancia da auga, conselliños e actividades variadas, nas que tamén metemos un debuxo do ciclo da auga, para recordar a viaxe da pinguiña do conto.

mércores, 15 de novembro de 2017

DITADOS CON IMAXES 2
AQUÍ vos deixo a segunda entrega de "Ditados con imaxes", para facilitar o traballo da lectoescritura nas aulas.

mércores, 8 de novembro de 2017

DITADOS CON IMAXES 1
 

Para facilitar un pouco o traballo aos máis pequenos e tamén aos profes á hora de facer ditados. Sería o  paso previo antes de pasalo ao caderno.
 Só aparecen as cinco primeiras letras polas que normalmente se comeza.
En vindeiras edicións irei  incorporando màis, seguindo a mesma  liña para a actividade.

ABECEDARIO CON MINÚSCULAS

DITADOS CON IMAXES 1

luns, 6 de novembro de 2017

mércores, 25 de outubro de 2017

UN DÍA DE ACAMPADA
Empregando imaxes podemos facer actividades de comprensión variadas, tendo en conta que se precisa un chisco de atención para levalas a cabo!
VIAXES DE INVERNO
 Unha ficha que parte dun fragmento do libro de María Canosa que fala da viaxe dunha pinga, de auga.
Interesante para facer comprensión lectora, escritura..ao tempo que falamos do ciclo da auga.
VIAXES DE INVERNO
FICHA DE VOCABULARIO

Às veces aos nosos alumnos cústalles un pouco empregar ou recordar determinadas palabras de uso común en galego. Esta ficha é para practicarcon algunhas delas.
 NO MAR
Unha ficha de comprensión con exercicios variados, partndo dunha imaxe que da moito xogo para a escritura.
Preme AQUI para descargala.

xoves, 19 de outubro de 2017

QUEREMOS VERDE!!

Tinguironnos de negro o corazón... É hora de lembrar a cor da esperanza e unir todas as pequenas acciòns para que se convirtan en grandes cambios.

martes, 17 de outubro de 2017

PABLO PICASSO
Tràtase dunha serie de actividades que parten dunha lectura da vida do famoso pintor. A lectura aparece en dous formatos diferentes, por se acaso resulta moi pequena para os rapaces ou incluso para traballar en pequeno grupo.
PABLO PICASSO
LECTURA PABLO PICASSO
CARICATURA

venres, 6 de outubro de 2017

LECTURA DE PALABRAS

Tarxetas para practicar a lectura de palabras e inclusive para escribir na libreta e facer oracións...ou para todo aquilo que se nos ocorra. Dende AQUÍ poderedes descargalas.

martes, 3 de outubro de 2017

BUSCA NO DEBUXO E CONTESTA


Unha ficha de comprensión lectora partindo dunha imaxe chea de absurdos que da moito xogo!
Pica AQUÍ para poder descargala.

luns, 25 de setembro de 2017

RELACIONANDO CONTIDOS
Unha ficha de comprensión lectora onde podemos aportar cousas aprendidas en Ciencias Sociais, como é a diferencia de paisaxe entre un pobo de costa e outro de montaña. Lemos, escribimos e tamén debuxamos!
ANTÍA

xoves, 7 de setembro de 2017

ALFABETO 
Empeza a escola e toca poñerse de novo en funcionamento! Asique, por qué non comezar recordando as letras traballadas o curso anterior cos nosos alumnos? Aquí vos deixo unhas tarxetiñas con axudas visuais para facilitar a volta ao traballo!
ALFABETO

martes, 13 de xuño de 2017

A FALA
O idioma é a chave
coa que abrimos o mundo:
o salouco máis feble,
o pesar máis profundo.

O idioma é a vida,
o coitelo da dor,
o murmurio do vento,
a palabra do amor.

O idioma é o tempo,
é a voz dos avós
e ese breve ronsel
que deixaremos nós.

O idioma é un herdo,
patrimonio do pobo,
maxicamente vello,
eternamente novo.

O idioma é a patria, 
a esencia máis nosa,
a creación común
meirande e poderosa.

O idioma é a forza,
que nos xungue e sostén.
¡Se perdemos a fala
non seremos ninguén!

O idioma é o amor,
o latexo, a verdade,
a fonte da que agroma
a máis forte irmandde.

Renunciar ao idioma
é ser mudo e morrer.
¡precisamos a lingua
se queremos vencer!
                                       

                                        Manuel María 

martes, 6 de xuño de 2017

FICHAS DE REPASO

Algunhas fichas para repasar cousiñas que se foron dando durante o curso. Podedes descargalas picando AQUÍ.

venres, 19 de maio de 2017

OS MAIOS
Unha ficha de comprensión lectora e unha copla a partires da festa dos maios. Non chega moito no seu día, pero como aínda non rematou o mes das flores, sempre pode acaer ben en calquera intre!
OS MAIOS
COPLA DOS MAIOS
UN DÍA COS AVÓS
Ficha de escritura "medianamente" libre, para que os rapaces poidan seguir practicando a redacción. Deberán organizar as viñetas ao seu xeito e imaxinarse a historia para logo pasar a contala.
UN DÍA COS AVÓS

mércores, 17 de maio de 2017

LETRAS GALEGAS 2017

Amemos o tempo que turra de nós 
e que nos leva. 
Inda que o ceo está azul
 e non hai nubes e non chove, 
sempre é cedo pra o froito que agardamos e non chega. 

Amemos á rosa porque é breve 
e ao tempo porque fuxe e non se para, 
inda que á beira das horas, nas esquiñas, 
morran as verdades contra o vento 
i a noite seña un recendo podrecido 
das frores que chantamos pra salvarnos. 

Amemos as bocas que mancan ao bicalas, 
aos pianos que medran e non tocan 
e ás tardes fermosas que se acaban. 

Amemos inda que a espranza turre cara abaixo 
a vencellarnos sempre contra nuncas 
de campos sen aire e corazóns parados.

                                   (Carlos Casares)

luns, 15 de maio de 2017

AXUDAS VISUAIS
Aquí vos deixo uns carteis que poden resultar interesantes para a aula. Se os alumnos contan cun referente visual á hora de escribir, irán adquirindo maior autonomía e recordando como se escriben aquelas palabras máis habituais en galego. Así como tamén expresións típicas da nosa terra.
Dende AQUÍ poderedes acceder ao documento para descargalo.

martes, 9 de maio de 2017

A CARTA
Outro tipo de texto que traballamos dende as aulas e que tamén sería estupendo volver a recuperar nas nosas vidas!! Porque.. a quen non lle facía ilusión recibir unha carta dun amigo?
Pois AQUÍ vos deixo esta ficha para poder practicalo dende a aula.
RECOMENDACIÓNS PARA LER
Aquí vos deixo unha ficha para que o voso alumnado faga recomendacións de libros aos compañeiros. Un xeito de escribir tamén cunha finalidade clara..e ao tempo dar a coñecer preferencias e por que non fomentar a lectura!
Pica AQUÍ para poder descargar o arquivo.

luns, 8 de maio de 2017

ILUSTRO E COMPLETO O MEU LIBRO

Unha actividade interesante para ler, escribir, comprender e debuxar.....Todo a un tempo!
Trátase dun pequeno libro que impreso a doble cara quedaría só en tres folios. Como as follas non van numeradas, agás a primeira (onde se presenta á protagonista), poden imprimirse a gusto do consumidor.
Engado tamén unha páxina en branco para que sexan eles os que continúen a historia e outro documento en branco por se eles soíños se atreven a crear as súas propias historias.
ILUSTRO E COMPLETO
ESCRIBO O MEU CONTO

xoves, 4 de maio de 2017

VOCABULARIO: EXPRESIÓNS
Achégovos unha ficha para traballar cos rapaces algunhas expresións típicas galegas, para que as empreguen nos seus escritos, e por que non, no seu día  día!
Dende AQUÍ poderedes descargar o documento.
DESCRIBE PERSOAS

Aproveitando que a ficha guiada para a descrición de animais funcionou ben na aula, desta volta deixo á vosa disposición un par de fichas para traballar a descrición de persoas.
É o momento de proporcionarlles a guía para que logo fagan as súas propias producións.
Pica AQUÍ para poder descargala.

venres, 28 de abril de 2017

CARLOS CASARES

AQUÍ vos deixo un par de fichas para traballar o autor que será homenaxeado este ano o Día das Letras Galegas. Un traballo de comprensión lectora empregando a súa biografía e tamén un fragmento do seu libro "A galiña azul".

mércores, 26 de abril de 2017

DESCRIBE ANIMAIS
Unha ficha moi sinxela que axuda aos rapaces a facer descricións seguindo os pasos  e respostando cada unha das cuesións que se plantexan en cada un deles.
Primeiro fan a descrición dun xeito guiado, para ao final, pasar a facela soíños.
Dende AQUÍ podes descargar o arquivo.

venres, 21 de abril de 2017

REPASO MAIÚSCULA
Repasamos o emprego do uso da maiúscula con esta ficha para que  sexan eles mesmos os que redacten en que casos debemos recordar poñela. Ademais, tamén poerán practicalo nun par de exercicios.
Dende AQUÍ, poderedes descargar o arquivo.

venres, 31 de marzo de 2017

AS ANDURIÑAS
Unha ficha de lectura e actividades de comprensión relacionada coas anduriñas. A parte de ser unha palabra galega moi bonita (ao meu parecer), trae da man a chegada da primavera. Un paxariño pequeniño e rebuldeiro que, case sen querer faise notar ben.
Dende AQUÍ, poderás descargar o arquivo.

venres, 24 de marzo de 2017

CLASIFICA NOMES II
Un vai facendo cousas, e os acordos van xurdindo a medida que se fai.. Asique engado aquí nesta entrada un complemento para o xogo de clasificar nomes. Non só clasificamos segundo sexan nomes de persoas, animais, plantas ou lugares, senón tamén cousas!! Faltaba esa categoría que fixera alusión aos obxectos para que o noso xogo abarcara máis.
Picando no nome, poderás descargar o arquivo:
CLASIFICA NOMES II

venres, 17 de marzo de 2017

PRACTICAMOS CO NOME
Le, busca os nomes e clasifícaos segundo sexan de persoas, animais ou lugares.
Debes estar moi atento, pois non só aparecen nomes propios, senón comúns tamén!! Logo, identifica os nomes de cada frase e cámbiaos por outro que ti queiras.
Preme AQUÍ, para descargar.
XOGANDO COS NOMES
Practicamos con nomes propios e comúns e clasificamos segundo sexan de animais, persoas, lugares e tamén plantas!!
Ampliamos vocabulario, ao tempo que practicamos e interiorizamos o concepto de nome.
Dende AQUÍ poderás descargar o documento e... a xogar!!
PRACTICAMOS ANTÓNIMOS
Seguindo a mesma estructura ca ficha da anterior entrada, desta volta poñemos en práctica os nosos coñecementos e manexo das palabras con significado contrario.
Picando no nome, poderás descargala.
FICHA ANTÓNIMOS
PRACTICAMOS SINÓNIMOS

 Aquí vos deixo unha ficha para practicar os sinónimos, que xa traballaron primeiro emparellando de xeito manipulativo.
Pica no nome e poderás descargala.
FICHA SINÓNIMOS

martes, 14 de marzo de 2017

ANTÓNIMOS
E non nos esquezamos dos contrarios!!
Máis palabriñas ás que darlle uso no noso día a día.
Un xogo que complementa o anterior, para as nosas aulas.
Preme na palabra para poder descargalo:
ANTÓNIMOS
SINÓNIMOS
Xogando aprendemos sinónimos para logo poder empregar nas nosas estupendas redacións.
Un xeito rápido, lúdico e divertido de introducir novas palabras, que se presta a facer en grupo.
Dende AQUÍ, se pode descargar o recurso.

xoves, 9 de marzo de 2017

ASOCIA A FRASE COA IMAXE
Le atentamente e coloca na cartolina a frase coa imaxe que lle corresponde. Un xogo para facer individualmente ou por parellas, para practicar a lectura dun xeito máis lúdico.
Dende AQUÍ, poderedes descargar o arquivo.

mércores, 8 de marzo de 2017

O ROMANCE DA BELA ROSA

Unha vez houbo unha flor
que só ulía certa xente
no xardín dun gran demente
con máis poder que razón.

A rosa leda medrou
medrou soa e sen axuda
era forte coma ruda
contra o frío e o calor.

Saiu o sol e corou
o seu vermello impoñente
tanto que ao amo e a outras xentes
molestou o seu primor.

No canto de con amor
ollábana con vaidade
e ante a fermosa humildade
respostaron con temor.

Moitas flores do redor
de xardíns de alleas terras
aplaudiron moi contentas
cando o amo a recortou.

A planta quedou sen flor
pero aínda resistía
porque a raíz se nutría
da terra que a enxendrou.

A terra considerou
que o seu froito era inocente
que fora nobre e valente
e dela se preocupou.

A auga axiña chegou
e o resto de compañeiras
acudíronlle lixeiras
e calmaron a súa dor.

Certo día aquel señor
foi abalar á maceira
e reparou una roseira
que cortara con rancor.

Mil rosas con esplendor
recendían maxestuosas
cunhas espiñas máis grosas
que as tesouras do señor.

Comprendiu o home entón
o seu crime despiadado
caiu ao chan apenado
e pola rosa chorou.

Aquela primeria flor
só no recordo latexa
pero se a raíz é rexa
a planta non morre, non.

                                 SES
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

martes, 7 de marzo de 2017

CONTINÚA AS HISTORIAS


Trátase de pequenos textos de temática variada que pretenden espertar a imaxinación nos rapaces, pois serán eles quenes teñan que continualos.
Achego os arquivos en dous formatos diferentes: modo tarxeta recortable (co cal terían que copialo na libreta), ou modo ficha convencional, na que inclúo un recadro onde poden ademáis facer un debuxo da súa historia.






Para descargar os recursos, pica sobre cada un dos nomes:
CONTINÚA AS HISTORIAS TARXETAS
CONTINÚA AS HISTORIAS FICHAS

luns, 6 de marzo de 2017

A RECEITA
Que tal se escribimos as nosas propias receitas de cociña?
Practicamos algún vocabulario relacionado co tema, facemos unha receita seguindo o modelo, e logo pasamos a redactar a nosa propia!!
Picando no nome poderás descargar cada unha das fichas.
VOCABULARIO RECEITAS
MODELO RECEITA
ESCRIBO A MIÑA RECEITA