venres, 19 de maio de 2017

OS MAIOS
Unha ficha de comprensión lectora e unha copla a partires da festa dos maios. Non chega moito no seu día, pero como aínda non rematou o mes das flores, sempre pode acaer ben en calquera intre!
OS MAIOS
COPLA DOS MAIOS
UN DÍA COS AVÓS
Ficha de escritura "medianamente" libre, para que os rapaces poidan seguir practicando a redacción. Deberán organizar as viñetas ao seu xeito e imaxinarse a historia para logo pasar a contala.
UN DÍA COS AVÓS

mércores, 17 de maio de 2017

LETRAS GALEGAS 2017

Amemos o tempo que turra de nós 
e que nos leva. 
Inda que o ceo está azul
 e non hai nubes e non chove, 
sempre é cedo pra o froito que agardamos e non chega. 

Amemos á rosa porque é breve 
e ao tempo porque fuxe e non se para, 
inda que á beira das horas, nas esquiñas, 
morran as verdades contra o vento 
i a noite seña un recendo podrecido 
das frores que chantamos pra salvarnos. 

Amemos as bocas que mancan ao bicalas, 
aos pianos que medran e non tocan 
e ás tardes fermosas que se acaban. 

Amemos inda que a espranza turre cara abaixo 
a vencellarnos sempre contra nuncas 
de campos sen aire e corazóns parados.

                                   (Carlos Casares)

luns, 15 de maio de 2017

AXUDAS VISUAIS
Aquí vos deixo uns carteis que poden resultar interesantes para a aula. Se os alumnos contan cun referente visual á hora de escribir, irán adquirindo maior autonomía e recordando como se escriben aquelas palabras máis habituais en galego. Así como tamén expresións típicas da nosa terra.
Dende AQUÍ poderedes acceder ao documento para descargalo.

martes, 9 de maio de 2017

A CARTA
Outro tipo de texto que traballamos dende as aulas e que tamén sería estupendo volver a recuperar nas nosas vidas!! Porque.. a quen non lle facía ilusión recibir unha carta dun amigo?
Pois AQUÍ vos deixo esta ficha para poder practicalo dende a aula.
RECOMENDACIÓNS PARA LER
Aquí vos deixo unha ficha para que o voso alumnado faga recomendacións de libros aos compañeiros. Un xeito de escribir tamén cunha finalidade clara..e ao tempo dar a coñecer preferencias e por que non fomentar a lectura!
Pica AQUÍ para poder descargar o arquivo.

luns, 8 de maio de 2017

ILUSTRO E COMPLETO O MEU LIBRO

Unha actividade interesante para ler, escribir, comprender e debuxar.....Todo a un tempo!
Trátase dun pequeno libro que impreso a doble cara quedaría só en tres folios. Como as follas non van numeradas, agás a primeira (onde se presenta á protagonista), poden imprimirse a gusto do consumidor.
Engado tamén unha páxina en branco para que sexan eles os que continúen a historia e outro documento en branco por se eles soíños se atreven a crear as súas propias historias.
ILUSTRO E COMPLETO
ESCRIBO O MEU CONTO

xoves, 4 de maio de 2017

VOCABULARIO: EXPRESIÓNS
Achégovos unha ficha para traballar cos rapaces algunhas expresións típicas galegas, para que as empreguen nos seus escritos, e por que non, no seu día  día!
Dende AQUÍ poderedes descargar o documento.
DESCRIBE PERSOAS

Aproveitando que a ficha guiada para a descrición de animais funcionou ben na aula, desta volta deixo á vosa disposición un par de fichas para traballar a descrición de persoas.
É o momento de proporcionarlles a guía para que logo fagan as súas propias producións.
Pica AQUÍ para poder descargala.